RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Triunfo do Deportivo que se sobrepuxo por dúas veces aos goles do Real Racing e acabou goleando

var ivPlayer1339245 = new IVPlayer("350", "285",false, "http://www.canaldeportivo.tv/", "/i/player/1342b.gif",IVPlayer.TYPE_JWPLAYER4, "/i/player/skin-depor.swf"); ivPlayer1339245.playVideo('player1339245', 'lfp08-09_j26_deportivo5-racing3_08-0

Tras esta espectacular vitoria e tarde de goles en Riazor (5-3), o Deportivo suma 42 puntos, ascende á sexta posición e asegura matematicamente a permanencia en Primeira División.

Lotina tivo a primeira boa noticia do día no quecemento. Laure superou a proba e foi titular no carril dereito. Os demais, os mesmos que tombaron ao Numancia a pasada semana, incluído Lassad, que chegou ao partido tras superar unha sobrecarga nos isquiotibiais da súa perna esquerda.

O partido empezou co primeiro golpe para o Dépor. Jonathan Pereira recolle o balón tras o saque de centro, márchase de todos cuantos deportivistas saen ao seu paso e, tras facer a parede con Zigic, bate a Aranzubía. 25 segundos transcorreron desde o saque inicial.

Aos poucos o Deportivo foi equilibrando un partido, porque neses compases iniciais si era superior o Racing. Mateo Lahoz levou a primeira gran rifa da bancada ao non conceder a lei da vantaxe nunha xogada que acabou en gol de Juan Rodríguez. O colexiado valenciano había sinalado unha clara falta sobre Lassad na frontal da área e non deixou seguir a xogada. O empate chegaría nunha boa combinación desde a dereita. Lassad, observado desde o palco polo Seleccionador Nacional de Tunes, o portugués Umberto Coelho, habilita de espectacular taconazo a Laure, quen mete un centro ao primeiro pau. Juan Rodríguez adiántase ao seu par e bate a Toño. Desfacíase o maleficio da tempada pasada, na que o Racing gañou cun solitario gol de Tchité, tras unha espectacular tarde da meta Toño, claramente o mellor do partido.

Á media hora volvía golpear o Racing. De novo a parella Pereira - Zigic foi letal. Esta vez o miúdo dianteiro vigués recolle no lateral esquerdo da área deportivista, centra e Zigic, adiantándose a Lopo, bate de novo a Aranzubía.

Ao descanso chegouse coa lesión de Lopo, que tivo que abandonar o campo en padiola, con intensa dor nas costas. Colotto supliu ao central catalán.

Na continuación, De Guzman deixou o seu sitio a Riki, que regresaba ao equipo tras a súa lesión muscular. Lotina manifestou en rolda de prensa que falou cos futbolistas na caseta e "fíxenlles ver que nos estabamos equivocando. Estabamos entrando moito polo centro, que é onde estaba máis cómodo o Racing. Había que entrar por banda. E acertamos".

Ao cinco minutos do segundo tempo, con algo de fortuna nun rebote, Lassad cede a Riki quen, só ante Toño, logra o empate de punteira. O Dépor se desmelenó e arrasou ao seu rival. Oito minutos máis tarde, no 58, Colotto mete unha volea ao segundo pau tras un saque de esquina, o balón cae a Lafita quen empuxa á rede na área pequena. Case sen deixar respirar ao seu rival, no minuto 59, Valerón, que suplira a un ovacionado Lassad, recolle un balón no centro do campo, tira un pase de fantasía que deixa de novo a Riki só ante Toño. O dianteiro madrileño báteo con claridade. A bancada non podía nin creerselo.

O festival goleador deportivista prolongouse ata o minuto 67. Lafita, de novo polo carril dereito, burla o fóra de xogo e centra ao segundo pau onde Verdú, libre de marca, cabecea á rede coa colaboración do racinguista Valera.

Con 5-2 tocou ao Racing apertar para maquillar o resultado. E logrouno no minuto 79. Sergio e Valerón non se entenden no saque dunha falta, o que provoca un rápido contragolpe cántabro. Berrocal recibe franco no corazón da área e bate a Aranzubía (5-3).

O partido finalizou e o público puido ver en acción ás xuvenil Canles, cuxa metade do seu pase pertence ao Deportivo. Víronselle bos detalles.

Gran triunfo deportivista que pelexará por estar en Europa cos grandes da liga.

Real Club Deportivo: Aranzubía, Filipe, Lopo (m. 44, Colotto), De Guzman (m. 46, Riki), Adrián López, Sergio, Verdú, Laure, Lafita, Juan Rodríguez e Lassad.

Goles: 0-1, m. 1: Pereira; 1-1. m. 24: Juan Rodríguez; 1-2, m. 32: Zigic; 2-2, m. 50: Riki; 3-2, m. 58: Lafita; 4-2, m. 59: Riki; 5-2, m. 67: Verdú; 5-3, m. 79: Berrocal.

Árbitro: Antonio Mateu Lahoz, do Colexio Valenciano. Amoestou polo Dépor a Sergio.