RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
PORTADA

Última sesión en Abegondo antes do adestramento de mañá en Sevilla, xa camiño de Ceuta

O Dépor adestrouse hoxe venres por última vez en Abegondo esta semana posto que mañá sábado, #OSNOSOS traballarán a partir das 14:30 na Cidade Deportiva José Ramón Cisneros Palacios do Sevilla FC, camiño xa de Ceuta, onde disputarán o domingo 18 de decembro (12:00 horas, InSporst.tv) o último partido de liga do ano 2022.

Debido á longa viaxe de mañá sábado até Ceuta, Óscar Cano viuse obrigado a facer pública hoxe a lista de convocados. Nela non está Isi Gómez, afectado dunhas molestias nos isquiotibiais. En rolda de prensa, o técnico deportivista subliñou que "se houbese que forzar forzase pero consideramos que non é positivo forzarlle porque estamos ante unha etapa na que veñen vacacións e non quixese que se fose a casa ningún xogador lesionado e que se poida agravar, ao non poder tratalo da maneira que convén".

Na última sesión na Cidade Deportiva antes do último partido de 2022 e das vacacións de Nadal, o corpo técnico deportivista dispuxo, após un quecemento e activación con roda de pases, uns rondos con finalizacións, un partido 11 contra 11 e un repaso ás accións a balón parado.

Brais Val foi o único representante de #ANOSACANTEIRA.