RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

Últimos dous partidos de liga en ANOSACANTEIRA protagonizados polos cadetes este xoves 5 en Vigo e o sábado 7 en Abegondo

Os dous equipos cadetes conclúen esta semana a División de Honra e, con iso, a temporada 2024-25 en #ANOSACANTEIRA a nivel oficial.

Así, o San Tirso SD Cadete, situado nunha máis que meritoria 4ª posición, pecha a temporada coa visita ao CD Areosa mañá xoves 5 de xuño ás 19:30 no campo da Xunqueira en Comesaña (Vigo).

O sábado 7 de maio ás 12:00 o Cadete xógase o título no seu man a man co RC Celta.

Os branquiazuis, que se miden en Abegondo á SD Compostela, son segundos na táboa con 92 puntos por 94 dos celestes, que a esa mesma hora reciben na Madroa ao ED Xuventude de Oroso.

Para ser campión, o Cadete ten que gañar o seu encontro e esperar unha derrota do RC Celta.

O calendario de partidos nesta última semana de competición oficial é o seguinte:

Categoría cadete
34ª xornada (última): UD SANTA MARIÑA - SAN TIRSO SD CADETE, mañá xoves 5 de xuño ás 19:30 en Cotogrande (Comesaña, Vigo)
34ª xornada (última): CADETE - SD COMPOSTELA, o sábado 7 de xuño ás 12:00 en Abegondo
Clasificación da División de Honra: 1. RC Celta, 94 puntos; 2. Cadete, 92 puntos; 3. ED Val Miñor Nigrán, 69 puntos; 4. San Tirso SD Cadete, 62 puntos; 5. SD Compostela e Arosa SC, 58 puntos... 10. UD Santa Mariña, 45 puntos...