RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Un acordo xusto para a realidade actual

Augusto César Lendoiro compareceu esta tarde ante os medios de comunicación recentemente chegado de Madrid. O presidente do Deportivo e boa parte do consello de administración quixeron aclarar as distintas informacións que os medios recolleron sobre o ac

O presidente Lendoiro aclarou "é un contrato que se levou a moi bo fin a pesar das dificultades que vive o mundo do fútbol a nivel internacional e ás que non é alleo o fútbol español" e explicou "é un acordo por tres tempadas cuxo obxecto exclusivo son a liga e a Copa do Rei" e engadiu "en nada se parecen as cifras ao que aparece no medios pero existe acordo de confidencialidade no contrato. Que non se pensen en cifras alegremente porque hai que ser consciente de que o marco actual é totalmente distinto ao do 96" pero tamén deixou claro "tamén é obxecto do contrato actual a resolución do anterior con Gestsport que mantiña as contas embargadas polo que o luns ou martes solucionarase, pero o contrato actual non inclúe nin merchandising, nin patrocinador nin patrocinador nin tampouco dereitos do segundo equipo" polo que o máximo dirixente do club quixo deixar claro que "o contrato do 96 e o do 2003 non son homoxéneos polo que non son comparables".

Augusto César Lendoiro matizou que este é "un paso importantísimo para o futuro do Club que nos dá tranquilidade, porque aínda quedan moitos equipos que están preocupados porque aínda non pecharon este tema". A preguntas dos medios sobre se sería o terceiro contrato -en contía económica-, tras Real Madrid e Barcelona, o presidente dixo "non somos os dous primeiros, pero hai que deixar claro que os contratos de Real Madrid e Barcelona non son comparables ao do Deportivo, porque os deles si inclúen os conceptos antes mencionados de Liga de Campións ou UEFA, merchandising e mesmo dereitos sobre a publicidade estática, sobre a comercialización de Palcos VIP..." e puxo un exemplo económico "se o Deportivo ingresou a tempada pasada 3900 millóns da liga de Campións, directamente un terzo, 1.300, foron para Gestsport e agora iso non está incluído así como tampouco os dereitos de UEFA". A preguntas sobre a duración do contrato matizou "é un contrato curto, agora sería prexudicial un contrato longo porque é n punto de partida á baixa".

Ural

A preguntas dos medios sobre o Ural, club que reclama diñeiro ao Deportivo, o presidente do Club aclarou que non existe vinculación co club modesto porque este preferiu asinar un acordo co Barcelona e explicou que cando o Deportivo creou as categorías inferiores, interesouse por algún xogador do Ural pero o club negouse a darlles a carta de liberdade. Ante esta negativa os pais dos nenos acudiron á Federación Galega que, pola idade, ten obrigación de conceder esa carta de liberdade. Unha vez desvinculados do Ural, o Deportivo fichou a eses nenos, polo que non existe débeda do Deportivo co Ural.

Teresa Herrera

Aínda non existen datas nin participantes confirmados -salvo o América de México e o propio Deportivo- aínda que podería disputarse o 1, 2 e 3 de agosto. Faltaría confirmar clubs aos que lles encaixasen esas datas.

Irureta

O que a renovación se confirmase xusto o mesmo día da firma coas TVs non ten nada que ver "deuse unha situación especial na que eu estiven moitos días fose e o seu representante tamén" e explicou que non se pechou ata agora porque había diferenzas económicas "porque a crise do mundo do fútbol aféctanos a todos".

Débedas

O presidente do club mostrouse contrariado coas informacións que se publicaron sobre a débeda do Club "hai que ser honesto co que se publica, se a un xogador débenselle nestes momentos o soldo dun mes, tamén hai que dicirlle á xente que non teñen un soldo mínimo e que non van ter problemas para comer, porque posiblemente o Deportivo é o único club que paga mensualmente aos seus xogadores e non semestralmente ou por trimestres e, ademais, en moitas ocasións cobran por anticipado e iso non se di". Pediu á prensa que non se alarme á afección con cifras enganosas e lembrou que as recentes dificultades económicas debíanse a que o club tiña inmobilizadas as súas contas, pero non á falta de diñeiro.