RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Un afeccionado xaponés fornece de chicles a Irureta

O técnico deportivista recibiu hoxe martes en Vilalba un curioso e práctico agasallo: Case unha vintena de tabletas de chicles para matar os nervios durante os partidos e adestramentos. O cariñoso doante é un mozo afeccionado xaponés, Hiro Fumi Tanaka,

Así, é frecuente velo en Riazor por exemplo cando o equipo parte en autocar a algunha viaxe; sexa a hora que sexa.
O pasado mes de outubro, O Ministerio de Asuntos Exteriores, a través do Subdirector Xeral de Asia Continental, D. Joaquín de Aristegui, enviou unha carta ao Deportivo para propor que o Club se incorporase como Patrón da Fundación Consello España-Xapón.
A Fundación Consello España-Xapón foi creada en xullo do ano 2002 e ten como finalidade primordial ofrecer unha canle a todas aquelas institucións e personalidades que desen contribuír á consolidación e crecemento das relacións entre España e Xapón desde unha perspectiva global e dinámica.
Un dos obxectivos máis importantes desta Fundación é a de propiciar novos nexos de comunicación entre as sociedades civís en ámbitos que ata a data non foron obxecto de inclusión nas axendas bilaterais entre ambos os países. Xorde entón o Deporte como un vínculo frutífero e Universal, e dentro desta ampla categoría o fútbol convértese nunha dos mellores acenos de identidade da nova imaxe de España no exterior e así contribur a mellorar a crecente sintonía entre ambas as sociedades.
Sen obviar o evidente potencial comercial que en ambos os sentidos ten a consolidación dos mellores clubs de fútbol españois nun mercado tan importante como o asiático.
O presidente do Deportivo, Augusto César Lendoiro, mantivo o pasado 24 de xuño en Madrid unha reunión de traballo coa Ministra de Asuntos Exteriores, Ana Palacio, na que se tratou o tema da Fundación España- Xapón, que preside Antonio Garrigues Walker, e da que o Deportivo é patrón fundador; ao igual, por exemplo, que o Real Madrid. Na devandita reunión de traballo, altamente frutífera e coa presenza do Embaixador de España en Xapón e do Embaixador de Xapón en España, acordouse que o Deportivo, no futuro, recibirá entre 500 e 1.000 nenos na Escola de Fútbol.
O Deportivo é un dos equipos que máis seguidores conta en Xapón. O club recibe normalmente cartas de afeccionados (normalmente dirixidas a futbolistas como Valerón ou Manuel Pablo) interesándose polo club e recentemente, a televisión xaponesa Wow Wow, propietaria dos dereitos da liga de Campións en Xapón, realizou unha reportaxe sobre o Deportivo, Abegondo, a Deporclínica e a Deportienda.