RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

Un Cadete do Dépor participa esta fin de semana nun torneo en Maassluis (Holanda)

Un equipo cadete do Deportivo desprázase esta semana á cidade holandesa de Maassluis para disputar un torneo organizado polo club Excelsior Maassluis nas súas instalacións.

O conxunto branquiazul quedou encadrado na Primeira Fase co Excelsior Maassluis, Sparta Róterdan e ADO Den Haag.

O calendario de partidos da Primeira Fase do Dépor é o seguinte:

Primeira Fase
Sábado 2 de xuño
10:15: EXCELSIOR MAASSLUIS - DEPORTIVO
11:45: DEPORTIVO - ADO DEN HAAG
14:00: DEPORTIVO - SPARTA RÓTERDAN

O domingo 3, os dous primeiros clasificados xogan unha Fase polo Título; mentres que o terceiro e o cuarto pasan a unha Fase de Consolación.

Rivais de pompa para o Alevín A no Torneo LaLiga Promises

FC Barcelona, RC Celta, Real Sociedad e Sevilla serán os rivais do Alevín A na Primeira Fase da 25ª edición do Torneo Nacional Pamesa LaLiga Promises, organizado pola Fundación José Ramón de la Morena.

A competición arranca este venres 1 de xuño na Cidade Deportiva Pamesa Cerámica de Vilarreal.

O calendario de partidos do equipo que prepara Roberto Veres é o seguinte:

Venres 1 de xuño
10:00: FC BARCELONA - ALEVÍN A (televisado por Mega)
12:30: SEVILLA - ALEVÍN A
17:30: CELTA - ALEVÍN A
19:30: REAL SOCIEDAD - ALEVÍN A

Os catro primeiros de grupo acceden a oitavos de final, que comezan o sábado 2 de xuño ás 10:00 horas, televisados por laSexta. A continuación serán os cuartos de final (televisados por Gol). O domingo 3 serán as semifinais (laSexta) e a final.