RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#OSNOSOS

Un Dépor recuperando xente importante visita a un FC Barcelona Atlètic no seu mellor momento

O Dépor visita mañá domingo 3 de decembro a partir das 17:00 (TVG-2 e FEF TV) ao FC Barcelona Atlètic, un dos equipos máis en forma da competición nestes momentos.

De feito, Imanol Idiakez di do filial azulgrana que "ten as cousas moi claras, unha forma de xogar moi concreta e seguramente nos vai a obrigar a pasar momentos no partido que igual até agora non pasamos moitos".

O técnico deportivista advirte que "somos o segundo con máis posesión despois deles. Seguramente vai ser o primeiro rival que nos vai a pelexar de verdade a pelota e vainos a obrigar a facer ben as cousas sen o balón para que non te fagan dano".

Os resultados da última xornada, co empate en ABANCA-RIAZOR ante Osasuna B do pasado domingo, deixaron a Os Nosos en 11ª posición da táboa con 19 puntos.

A novidade na convocatoria é David Mella, que volve ao grupo após a súa lesión muscular do pasado 1 de novembro en Copa del Rey; ademais de Hugo Rama, recuperado dunha molestia muscular que o tivo á marxe do grupo un par de días desta semana.

"Estamos convencidos que os resultados van chegar se o equipo segue traballando así. Estamos a recuperar xente importante, cremos que iso tamén nos vai a dar un plus en determinadas posicións que quizais nos faltou un pouquiño ese acerto. O fútbol cambia cos goles e é verdade que a nós esa faceta está a penalizarnos", apuntou ante os medios Imanol Idiakez onte venres.

Insistiu en que "a vida ás veces cando ti sementas unha semente tarda en florecer, e iso pasa moito. O que pasa que vivimos na sociedade do inmediato, na sociedade dos cambios, na sociedade de TikTok, na que todo é para xa e evidentemente a xente non é capaz de ter paciencia para crer nos procesos e para saber que cando hai cousas que se fan ben, aínda que non teñan resultados, porque ás veces pasa e máis nun xogo como o fútbol, bo, a flor acabará saíndo".

Pérdense a cita de mañá por lesión Ximo Navarro, Pablo Muñoz, Barbero e Retuerta.

Así mesmo, Martín Ochoa, Rubén, Kevin e Marotías, co xa citado Mella, serán os representantes de #ANOSACANTEIRA.

O Dépor realizou esta mañá unha última sesión de traballo en Abegondo antes de emprender viaxe en avión a Barcelona.

O corpo técnico branquiazul, despois dunha activación con roldo, dispuxo fútbol reducido e un último repaso ao plan de partido.

O preparador deportivista subliña que "hai que insistir. Estamos a tentar mellorar cousas en todo o proceso e entendemos que isto vai de resultados".

Pola súa banda, o FC Barcelona Atlètic, que a pasada fin de semana venceu á UE Cornellà (0-2), é 4º na táboa con 26 puntos.

O filial azulgrana liquidou con triunfos 6 dos seus últimos 7 partidos en liga.

No Estadi Johan Cruyff non coñecen a derrota esta temporada, posto que gañaron ao Real Unión (2-1), CD Teruel (1-0), Osasuna B (2-1) e CE Sabadell FC (4-1) ; empataron co CF Fuenlabrada (2-2) e Celta Fortuna (1-1);

Será baixa no FC Barcelona Atlètic o alemán Noah Darvich, que disputará con Alemaña a final do Campionato do Mundo sub-17.

Finalizado o encontro, Os Nosos regresan á Coruña e adestraranse de novo o luns 4 de decembro ás 11:00 en Abegondo para abrir unha semana de Copa del Rey.

/* Bot imbee */