RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

O Dépor aumenta o ritmo con fútbol en espazo reducido "co propósito de ser mellores"

O Dépor subiu o ritmo na sesión de traballo desta semana en Abegondo.

Germán Parreño, en rolda de prensa, lembrou que o obxectivo principal este cumprido pero "seguimos co propósito de ser mellores, de tentar sacar o máximo en cada semana, en cada partido".

Óscar Gilsanz dispuxo series de partidos en espazo reducido no campo 2 da Cidade Deportiva. A xornada arrincou cunha activación con rondos.

Están esta mañá con adestramento personalizado Dani Barcia, Mella, Ximo Navarro e Zakaria Eddahchouri; con Jose Ángel no Hospital San Juan de Dios de Santurce para ser intervido esta tarde polo doutor Iñaki Urquidi para resolver o cadro de pubalxia que padeceu durante boa parte da temporada.

Mario Soriano e Hugo Rama fixeron unha parte co grupo e outra cos readaptadores.

Mardones, Alberto, Hugo Ríos, Guerrero, Kevin Sánchez, Bil, Alfaro e Fabi foron os representantes de #ANOSACANTEIRA.

Mañá xoves o Dépor adestrarase a partir das 11:00 en Abegondo para continuar a preparación do partido ante o Real Zaragoza en La Romareda deste domingo 25 de maio ás 18:30 (LaLiga TV Hypermotion).