RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Os Nosos, a "aprender dos erros" xa desde este luns 9 no Dépor Training Center e "a pensar no AD Ceuta FC"

Os Nosos adestráronse este luns 9 de marzo no Dépor Training Center asumindo que, segundo declarou Altimira, "toca seguir traballando, aprender dos erros".

O defensor branquiazul insiste en que "queda moito. E a pensar no AD Ceuta FC" este sábado 14 de marzo ás 21:00 horas (LaLiga TV Hypermotion) no Estadio Alfonso Murube.

Os titulares ante o Granada CF tiveron unha xornada de recuperación física, cunha activación, ximnasio e fisioterapia.

Para os demais, incluído o fabrilista Bil, houbo ademais un xogo de posición, unha tarefa de finalizacións e fútbol reducido, de alta intensidade.

Sobre o dianteiro camerunés Antonio Hidalgo apuntou na rolda de prensa pospartido que "está a dar pasos cara a adiante. Os minutos que nos deu nesa última liña é unha das súas virtudes. Estou contento por ese rendemento".

Yeremay está con traballo personalizado e David Mella está pendente avaliación médica das molestias que sufriu onte no seu xeonllo esquerdo que lle obrigaron a pedir o cambio.

Este martes 10 de marzo hai xornada de descanso. Os Nosos volven aos adestramentos o mércores 11 de marzo a partir das 10:30 no Dépor Training Center.