RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Antonio Hidalgo asegura que o partido ante o Granada CF "tennos que ensinar moitas cousas"

Antonio Hidalgo lembrou na sala de prensa de ABANCA-RIAZOR que "isto é larguísimo, queda moitísimo por diante. Estamos dentro do obxectivo pero non obviando que o partido de hoxe (por onte) tennos que ensinar moitas cousas".

O técnico deportivista advirte que ao longo de 42 xornadas "sempre hai días malos. Hoxe foi un deses. O peor de todo é que foi diante de #ANOSAFORZA. É o que máis me amola. Están descontentos, con xustiza. Entendemos o sentir do afeccionado porque o equipo non estivo ben, especialmente con balón".

Recalca que "o equipo competiu en moitísimos partidos ben. Conseguiu unha cantidade de puntos que nos permiten seguir loitando por todo pero hai que mellorar moito".

Con todo, Antonio Hidalgo fai autocrítica após a derrota ante o Granada CF e asume que "o último terzo está a custarnos moitísimo. Nesas situacións de desborde non estamos a ser o definitivos que debemos ser. Non estamos a atacar os intervalos sobre todo cando hai liñas de 5 para poder afundir e poder dar a volta ao balón. Non estamos a cargar ben a área. Eses centros non están a chegar con esa calidade. Como o Granada CF púxose por diante sufrimos con ese bloque baixo. Niso temos que incidir e mellorar".