
DÉPOR · 9 MARZO 2026
RIKI ADMITE QUE "NON ESTIVEMOS NADA BEN" E ALTIMIRA VAISE "CON MAL SABOR DE BOCA"
Riki e Altimira pasáronse pola zona mixta de ABANCA-RIAZOR finalizado o choque ante o Granada CF.O centrocampista asturiano admite que "non estivemos nada ben. O vestiario está bastante amolado. Sabiamos da oportunidade que tiñamos de meternos arriba. Non queda outra que corrixir, analizar os erros que tivemos e ir a Ceuta a gañar" (o vindeiro sábado 14 de marzo ás 21:00 horas no Estadio Alfonso Murube).Opina que "na primeira parte ameazamos pouco esa liña de 5 que tiñan. Viñamos bastante ao pé, encima en zonas onde eles estaban cómodos para presionar. Na segunda parte a raiz do gol que meten estivemos precipitados, ansiosos. Púidonos un pouco a situación".Finalmente Riki advirte que "todo o mundo quere estar arriba, quere gañar cada domingo. Esas ganas que temos todos, #ANOSAFORZA, nós, vós (polos medios de comunicación) fainos caer nesa precipitación. É máis ganas que presión".
Pola súa banda, Altimira confesou que "nos imos con mal sabor de boca. Non foi un dos nosos mellores partidos tanto ofensiva como defensivamente. Tentámolo até o final, e aínda que sexa moi duro e perdésemos unha oportunidade moi importante isto é moi longo. Queda moito e hai que seguir traballando".Lembra que ante o Granada CF "tivemos algún achegamento pero non estivemos do todo fluídos".Finalmente pide a #ANOSAFORZA "que sigan crendo. Tentámolo até o final. Non estivemos nada acertados, iso está claro"; e sostén que "é moi necesario o apoio da afección de aquí a final de temporada".

LISTADO DE PARTICIPANTES NA GRADA SOLIDARIA DO DÉPOR ABANCA -...

Massimo Adalberto Benassi: "Imos aceptar sempre o erro do árb...

Antonio Hidalgo fala dun ambiente en ABANCA-RIAZOR "de tolos,...

Resultados deste venres 1 de maio nos torneos amigables; e ca...

Os Nosos regresan o luns 4 de maio ao Dépor Training Center

O Dépor vence ao CD Leganés cun gran gol de Noé na recta fina...