
FUNDACIÓN · 9 MARZO 2026
A RC DEPORTIVO FUNDACIÓN FORTALECE A SÚA REDE INTERNACIONAL COA VISITA AO AKADEMIJA FUDBALA CITY DE MONTENEGRO
A RC Deportivo Fundación segue tecendo a súa rede de alianzas internacionais.Esta vez, a expedición deportivista encabezada por Alex Espiñeira, coordinador de Proxectos Internacionais; e Lucía Otero, coordinadora de Proxectos Sociales visitou o club Akademija Fudbala City sito en Pogdorica, capital de Montenegro.O obxectivo é o de compartir experiencias, coñecer as súas instalacións e explorar posibles vías de colaboración futura.Akademija Fudbala City é unha academia de fútbol referente no país, con centos de nenos e nenas adestrando diariamente.Destaca pola súa aposta polo desenvolvemento formativo e deportivo en idades temperás.Este encontro enmárcase dentro das mobilidades internacionais do programa Erasmus+, que permiten fomentar o intercambio de experiencias, a aprendizaxe conxunta e a cooperación entre entidades deportivas a nivel europeo.A RC Deportivo Fundación segue construíndo pontes a través do fútbol, impulsando proxectos con impacto social, educativo e deportivo.

Massimo Adalberto Benassi: "Imos aceptar sempre o erro do árb...

Antonio Hidalgo fala dun ambiente en ABANCA-RIAZOR "de tolos,...

Resultados deste venres 1 de maio nos torneos amigables; e ca...

Os Nosos regresan o luns 4 de maio ao Dépor Training Center

O Dépor vence ao CD Leganés cun gran gol de Noé na recta fina...

Triunfo do Orzán SD Xuvenil para deixar case amarrada a perma...