RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
As internacionais Inês Pereira e Marisa arrincaron no Dépor Training Center a semana de traballo previa á visita do Barça a ABANCA-RIAZOR

DÉPOR ABANCA · 9 MARZO 2026

AS INTERNACIONAIS INÊS PEREIRA E MARISA ARRINCARON NO DÉPOR TRAINING CENTER A SEMANA DE TRABALLO PREVIA Á VISITA DO BARÇA A ABANCA-RIAZOR

O Dépor ABANCA comezou este luns 9 de marzo no Dépor Training Center a semana de adestramentos previos á visita do FC Barcelona a ABANCA-RIAZOR, prevista para o domingo 15 de marzo ás 12:00 (Dazn, GOL, TEN, TVG e 3Cat).As Nosas chegan a este encontro da xornada 22ª con 23 puntos na 11ª posición.Durante as dúas semanas sen competición o conxunto deportivista disputou un amigable no Requexón ante o Real Oviedo de Primera Federación FutFem, saldado con triunfo branquiazul por 1-3.Este luns xa se incorporaron as internacionais Inês Pereira e Marisa despois do seu paso pola selección portuguesa e selección española sub-20 respectivamente.Este martes 10 de marzo unirase ao traballo Espe Pizarro, que disputou con Uruguai 2 amigables ante Ecuador nos que anotou 2 goles.

Fran Alonso dispuxo 4 sesións de traballo matinais en de o Dépor Training Center con esta planificación:Luns 9 de marzo10:45 h.Martes 10 de marzo10:45 h.Mércores 11 de marzo11:00Xoves 12 de marzoDescansoVenres 13 de marzo10:45Sábado 14 de marzo10:45Domingo 15 de marzo12:00: Deportivo ABANCA - FC Barcelona, en ABANCA-RIAZOR