RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

O Dépor visita ao Sporting de Gijón e recibe ao Córdoba CF en 3 días, domingo 28 e martes 31 de marzo

A Liga de Fútbol Profesional confirmou os horarios dos partidos correspondentes á 32ª e 33ª xornada de LaLiga Hypermotion, nas que o Dépor visita ao Sporting de Gijón e recibe ao Córdoba CF respectivamente.

O encontro no Estadio de El Molinón - Enrique Castro 'Quini' está fixado para o sábado 28 de marzo ás 21:00, retransmitido en directo por LaLiga TV Hypermotion, TVG, GOL e Cayo TV.

Tres días despois, o martes 31 de marzo, o Dépor mídese ao Córdoba CF ás 20:00 en ABANCA-RIAZOR, en encontro televisado por LaLiga TV Hypermotion e Fútbol 2, dispoñible tamén en DIGI TV e outras plataformas.

Así pois, os horarios dos partidos de LaLiga Hypermotion xa confirmados do Dépor son:

30ª xornada
Sábado 14 de marzo, 21:00, Alfonso Murube: AD Ceuta FC - Deportivo

31ª xornada
Sábado 21 de marzo, 21:00, ABANCA-RIAZOR: Deportivo - Real Zaragoza

32ª xornada
Sábado 28 de marzo, 21:00, Estadio El Molinón - Enrique Castro 'Quini': Sporting de Gijón - Deportivo

33ª xornada
Martes 31 de marzo, 20:00, ABANCA-RIAZOR: Deportivo - Córdoba CF