RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

Un erro defensivo penaliza ao Fabril no derbi co Celta B

Non está a ter fortuna o Fabril neste arranque do campionato ligueiro. Se o pasado domingo en Boadilla del Monte, unha rigorosa decisión arbitral no tempo de desconto, cun penalti a favor do Internacional de Madrid, privou da vitoria ao cadro de Tito Ramallo cando o marcador era favorable por 1-2, esta tarde un claro erro defensivo no minuto 68 custou os 3 puntos (0-1) ante o Celta B, no derbi da 2ª xornada no grupo 1º da Segunda División B.

Así pois, o filial deportivista queda con 1 punto de 6 posibles neste comezo ligueiro.

Hoxe, ante unha repleta bancada de Abegondo, Fabril e Celta B protagonizaron un típico partido de rivalidade, con tensión, moito xogo físico e escasas ocasións claras de gol nas dúas áreas.

Ante este panorama, unicamente unha acción puntual podería decantar o encontro para un ou outro lado, como así sucedeu no ecuador da segunda metade.

A partir de aí, o Fabril lanzouse a por a igualada con toda a artillaría, até con 4 dianteiros, pero non foi capaz de perforar a meta viguesa.

O vindeiro domingo 9 de setembro, a Fabril visita ao Fuenlabrada, a partir das 12:00 horas.

Fabril: Álex Cobo, Blas, Quique Fornos, Mujaid, Raúl González, Gaizka, Víctor, Javi Cobo, Uxío, May e Lucas. Tamén xogaron: Sébastien, Diego Villares e Pedro.

Así transcorre a temporada para o Fabril:

Internacional de Madrid 2 - Fabril 2 (Víctor -2-)
Fabril 0 - Celta B 1