RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Un Fabril con moitas baixas cae en Copa Deputación

- Foto: @AtlCoruna -

Un Fabril con moitas baixas sobre todo pola convocatoria do primeiro equipo para Bembibre (One, Mujaid, Blas, Uxío ou Diego Caballo) caeu (2-0) esta tarde no campo de O Carrizo de Culleredo ante o Atlético Coruña Montañeros, equipo recentemente ascendido a Rexional Preferente, nos dezaseisavos de final da Copa Deputación.

Por estas circunstancias, Tito Ramallo tivo dificultades para manter sobre o campo os 90 minutos a 7 xogadores con ficha do filial, tal e como esixe o regulamento da competición.

A pesar diso, loxicamente o dominio foi para o Fabril, que tivo a súa oportunidade máis clara nun disparo de Luismi ao pau. O Atlético Coruña Montañeros foi crecendo co paso dos minutos e foise convencendo de que podía lograr a machada, como así sucedeu.

Fabril: Brea, Valín, Lucas, Raúl González, Quique Fornos, Gaizka, Luismi, Gandoy, Adrián, Villares e Boedo. Tamén xogaron: Ortuño e Álex.

Agora, a Dirección de Fútbol Formativo do RC Deportivo terá que reorganizar o calendario de pretemporada do Fabril, após quedar fóra desta Copa Deputación, na que había partidos mércores e domingo na primeira quincena de agosto.

Partidos confirmados da pretemporada do Fabril '18-19':

Sábado 21 de xullo, Cidade Deportiva de Abegondo: Dépor 3 - Fabril 1 (Adri Castro)
Xoves 26 de xullo, campo do Pardo en Navia: Real Oviedo Vetusta 1 - Fabril 1 (Diego Villares)
Domingo 29 de xullo, Cidade Deportiva de Abegondo: Fabril 1 (May) - Racing Villalbés 0
Mércores 1 de agosto (Copa Deputación), campo do Carrizo (Culleredo): Atlético Coruña Montañeros 2 - Fabril 0