RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
FABRIL

Un gol de Ramón deu o triunfo ao Deportivo B ante o Rápido de Bouzas

Un gol de Ramón valeu o tres puntos que o Deportivo B cultivou esta tarde ante o Rápido de Bouzas e que o manteñen á fronte da clasificación de Terceira División. No resto de categorías inferiores houbo pleno de triunfos deportivistas.

Así, o Dépor B xuvenil impúxose na liga Nacional ao Lérez (0-2) no Campo pontevedrés da Xunqueira; o Deportivo A cadete da División de Honra goleou (3-0) en Abegondo ao Pontevedra; e o B da liga Galega tamén tombou na Gándara (0-1) ao Racing de Ferrol.
Para mañá domingo queda o derbi ao grande na División de Honra xuvenil entre o Dépor A e o Celta A. Será ás 12:00 no campo de herba natural número uno de 'O Mundo do Fútbol'.