RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Un gol polémico ao fío do descanso frea ao Deportivo en Sabadell

Foto subida á súa twitter por Alexandre Ll Corbera (@Feellmy13) xogador das categorías inferiores do CESabadell que felicita á, unha vez más, nutrida e exemplar afición do Depor presente na Nova Creu Alta Ao décima foi a venc

Este resultado deixa ao Dépor no liderado con 54 puntos, con cinco de vantaxe sobre o Celta e seis sobre o Almería. Ambos os equipos mídense mañá domingo en Balaídos.
 
Coa recuperación de Morel, Oltra repetiu o once típico nos últimos partidos. O primeiro tempo foi eslamiado, con moi poquitas opcións de gol. No tempo engadido, Ze comete unha falta en mediocampo. Lanza dispara directamnte e Aranzubia, estorbado pola posición dun rival en fóra de xogo, non pode evitar o gol.
 
Na segunda metade o Deportivo foise a por o empate. Oltra xógalla con tres homes en defensa coa entrada de Xisco por Colotto. Antes, Salomao relevou a Bruno Gama. O Sabadell deu un paso atrás e dedicouse, ás veces con fortuna, a defender esta mínima renda. Puido empatar Riki nun man a man con De Navas. Antes, Xisco estrelou un balón no pau pero o colexiado sinalara fóra de xogo.
 
A última do partido, nun balón colgado por Gardado, foi un remate franco de Juan Domínguez que se foi ás mans de De Navas.
 
O partido acabou con outro erro arbitral en contra do Deportivo, como sucedeu co único gol do partido. Un balón aéreo golpéalle involuntariamente no brazo a Ze Castro, que pelexaba cun xogador rival sendo o último home. O árbitro entende erroneamente que corta unha acción clara de gol e expulsa con vermella directa ao central deportivista.
 
Ao final, derrota pola mínima nun partido no que o Dépor non estivo afortunado nin no xogo nin co colexiado do partido.
 
 
Sabadell: De Navas; Toni Lao, Olmo, Pablo Ruiz, Redondo; Juanjo, Hidalgo (Agustín, m. 80), Puigdollers (Juvenal, m. 64); Óscar Ramírez, Lanza; e Baha (Ezequiel, m. 72).

Deportivo: Aranzubia; Laure, Colotto (Xisco, min. 62), Zé Castro, Morel; Alex Bergantiños, Juan Domínguez; Bruno Gama (Salomao, m. 56), Valerón (Jesús Vázquez, m. 83), Gardado; e Riki.

Gol: 1-0, m. 45: Lanza.

Árbitro: Gil Manzano (Comité Estremeño). Amoestou aos deportivistas Morel, Laure e Gaurdado. Expulsou con vermella directa inxustamente a Ze Castro.