RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Un golazo de Juan Rodríguez dan tres puntos valiosos ao Dépor

var ivPlayer189614 = new IVPlayer("350", "197",false, "http://www.canaldeportivo.tv/", "/i/player/1342b.gif",IVPlayer.TYPE_JWPLAYER4, "/i/player/skin-depor.swf"); ivPlayer189614.playVideo('player189614', 'LFP09-10_J7_deportivo1-sevilla0_17-10-2

Lotina modificou o seu once dada a gran entidade do rival, un Sevilla que chegaba lanzado en Liga e en Liga de Campións. Iván Pérez saíu por Pablo Álvarez en banda dereita e Juan Rodríguez, ao cabo o gran protagonista do choque, de ligazón, con Riki arriba.

O Dépor, consciente da tremenda pegada sevillista, deixou o campo aos de Jiménez para saír á contra con rapidez. Un calco do vivido ante o Vilarreal hai un mes. Así, Aranzubía apenas tivo perigo na primeira metade. Por contra, o Deportivo, tras o golazo de Juan Rodríguez no minuto 38, si puido aumentar a diferenza grazas a un fenomenal chute de Gardado que se foi lamiento a escuadra e a un cabezazo de Riki que sacou nunha gran parada Javi Varas, substituto de Palop.

Tras o descanso, seguiu a mesma tónica. Jiménez empezou a acumular homes de ataque para tentar a remontada: Diego Capel e Koné. A mellor oportunidade sevillista chegou case ao comezo desta segunda metade. Un balón colgado por encima da defensa branquiazul cae a Negredo que xuta mal ante Aranzubía. Lotina respondeu rápido con Valerón para arrefriar o encontro e tratar de ter posesións longas; e con Adrián por Riki para sorprender por velocidade. Juan Rodríguez, que comezou de mediapunta e xogou un ratito pola dereita, finalizou o partido de dobre pivote con Sergio.

Ao final, triunfo vital do Deportivo que o coloca con 15 puntos empatado co Sevilla na terceira posición. Seguirá pois unha semana máis o Dépor en Liga de Campións. E o que é máis importante, o equipo funciona. No últimos catro partidos, Xerez, Vilarreal, Tenerife e Sevilla, Aranzubía non encaixou nin un só gol.

Deportivo: Aranzubia; Manuel Pablo, Colotto, Lopo, Filipe Luís; Sergio, Antonio Tomás (Pablo Alvarez, m. 74); Iván Pérez (Valerón, m. 58), Juan Rodríguez, Gardado; e Riki (Adrián, m. 81).

Sevilla: Javi Varas; Adriano, Sergio Sánchez, Escudei, Fernando Navarro; Navas, Zokora (Lolo, m.87), Renato, Perotti (Capel, m.59); Negredo (Koné, m.65) e Kanouté.

Goles: 1-0, min. 38: Juan Rodríguez.

Arbitro: Mateu Lahoz, do Colexio valenciano. Mostrou cartón amarelo a Sergio Sánchez (m .79), por parte do Sevilla.

Incidencias: Boa entrada en Riazor.