O Fabril foi capaz de frear a fortaleza do Rayo Cantabria no seu campo e rabuñou un valioso punto (1-1), en partido correspondente á 19ª xornada no grupo 1º de Segunda Federación.
Con este resultado, o filial suma 22 puntos, situado na 13ª posición da táboa.
Óscar Gilsanz puido contar esta tarde con Kevin Sánchez, que estivo concentrado coa selección española sub-19 xunto a David Mella; e Jairo e Iano Simão, dous futbolistas que traballaron practicamente toda a semana ás ordes de Imanol Idiakez e hoxe foron titulares co Fabril.
Causaron baixa iso si Mella, Rubén López, Puerto e Marotías, citados polo Dépor para recibir á SD Ponferradina; ademais dos tocados Diego Gómez, Álex Pereira e Jorge, este con unhas molestias nos isquiotibiais.
O filial deportivista desprazouse a Cantabria coa lección aprendida do partido de ida, no que os rayistas sorprenderon en Abegondo pola súa fortaleza nos duelos.
Óscar Gilsanz armou ao seu equipo e conseguiu o seu obxectivo, frear a un Rayo Cantabria moi poderoso no seu feudo. De feito, aínda non coñece a derrota no que vai de liga.
Así, os primeiros minutos foron de control absoluto do Fabril, que saíu ao céspede moi enchufado e con moi boa presión.
Os locais unicamente eran capaces de crear perigo con balóns ao espazo.
Despois dun perigoso chute de David Vilán que a punto estivo de sorprender ao meta cántabro Álvaro J., Iano Simão adiantou ao Fabril. O internacional africano volveu marcar após rematar de cabeza un saque de esquina e suma xa 3 goles nesta liga.
O Rayo Cantabria logrou igualar antes do descanso, cun disparo de Mateo G. desde 25 metros ao que non pode responder Brais Suárez.
Após o paso polos vestiarios, os dous equipos repartíronse o dominio do xogo. Iso se, o Fabril puido marcar o segundo nunha acción de Kevin; e noutro dobre remate de Mati Castillo e Nájera na área pequena. Non foi así e o partido acabou en repartición de puntos.
O vindeiro domingo 28 de xaneiro ás 13:00 horas, o Fabril recibe en Abegondo ao Marino de Luanco.
Rayo Cantabria: Álvaro J., Jorrín, Carrascal, Diego Campo, Dani González, Neco Celorio, Adrián Curral, M. Bustillo, Santamaría, I. Obeng e Mateo G (Rodri, min. 84)
Fabril: Brais Suárez, Marc Lachèvre, Somolinos, Brais Val, Iano Simão, Barba, Alfaro, Vilán (Mardones, min. 86), Nájera (Thymos, min. 86), Jairo e Kevin (Mati Castillo, min. 75)
Goles: 0-1 Iano Simão (min. 35); 1-1 Mateo G. (min. 41)
Árbitro: Enrique Gao Aladro, do colexio asturiano. Amoestou a Fernando Somolinos (min. 37), Diego Campo (min. 48), Jairo (min. 56), I. Obeng (min. 58) e Iano Simão (min. 77)
Incidencias: Partido correspondente á 19ª xornada no grupo 1º de Segunda Federación disputado no Municipal de Bezana (Cantabria)
