O Xuvenil B foi imparable no seu partido en Boiro (0-8), onde logrou unha das goleadas da temporada na liga Nacional.
Lucas -2-, Rubén -2-, Héctor e Rodrigo -3- foron os goleadores nun partido da 6ª xornada de clara cor branquiazul.
Con este resultado, o equipo de Miguel Figueira suma 18 puntos de 18 posibles á fronte da táboa, con 5 puntos de vantaxe sobre o seu gran rival polo título, o RC Celta B, que empatou na Coruña co Ural Español CF.
Xuvenil B: Aitor, Javi Fernández, Sergio, Adrián Vázquez, David Fernández, Nico Ruiz, José Rey, Lucas, Rubén, Samuel Vázquez e Héctor. Tamén xogaron: Telmo, Vergara, Álvaro, Daniel e Rodrigo.
A próxima fin de semana, o Xuvenil B recibe en Abegondo ao Ural Español CF.
Os resultados até a data do conxunto deportivista son os seguintes:
Xuvenil B 4 (Héctor -2-, Rubén e un futbolista rival en propia meta) - CD Lugo B 2 Porriño Industrial FC 0 - Xuvenil B 3 (Héctor, Rubén e Xián) Xuvenil B 3 (José Rey, Rubén e Álvaro) - Pontevedra CF 0 Pabellón Ourense CF 1 - Xuvenil B 2 (Lucas e Rodrigo) Xuvenil B 4 (Samuel Vázquez, Lucas -2- e Rubén) - CVC Valladares 0 CD Boiro 0 - Xuvenil B 8 (Lucas -2-, Rubén -2-, Héctor e Rodrigo -3-)