RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Unha sentenza do TSXG dá luz verde á Cidade Deportiva de Abegondo

O texto da sentenza da Tribuna Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) di: "Tribunal Superior de Xustiza de GaliciaSala do contencioso- administrativoSección Segunda

FEITOS
Unico: No presente recurso contencioso administrativo número 4753 de 1997, interposto polo Exmo. Concello da Coruña contra o Exmo. Concello de Abegondo, con data de 14 de setembro de dous mil, recaeu sentenza contra a que se preparou recurso de casación pola representación do Concello demandado e presentando escrito o letrado Sr. Henández López do que por providencia de 28 de decembro acordouse oir ás partes por dez días.

Razoamento xurídicos
Primeiro: A sentenza ditada no presente recurso anulou as Normas Subsidiarias do Plan Municipal de Abegondo e os seus efectos non poden estenderse automaticamente aos actos que agora impugna o Concello da Coruña, a saber, a modificación puntual das mesmas e os seus actos de desenvolvemento entre eles a aprobación inicial do Plan Especial de Infraestruturas Deportivas, pois iso suporía desorbitar sen o necesario debate entre as partes os pronunciamentos da sentenza en termos non permitidos pola lei xurisdicional, é por iso que non pode accederse á petición pricipal e se á subsidiaria no sentido de ter por interposto recurso autónomo contra estes actos.
Vistos: Os artigos de xeneral e pertinente aplicación ao caso
A Sala Acorda:
Non ha lugar a declarar a nulidade do acordo do Concello de abegondo de 29 de setembro de 2000 que aprobou a modificación puntual das Normas Subsidiarias de Plan Municipal nin da aprobación inicial do Plan Especial de Infraestrutura Deportiva na contorna do encoro de Abegondo -Cecebre, lugar de Agra do Marcés, tense por presentado recurso contencioso administrativo contra estes actos e remítanse os escritos de interposición e a súa documentación adxunta á Oficial de Rexistro desta Tribuna para a súa repartición á Sección correspondente".