RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
PORTADA

Unisport Management School e o Dépor únense para ofrecer bolsas de estudo a futbolistas

A escola de negocios do sector deportivo, Unisport Management School, chegou a un acordo para pór a disposición dos xogadores e o corpo técnico do RC Deportivo bolsas formativas que axuden a desenvolver as súas carreiras profesionais fóra do campo. Este acordo inclúe un total de 20 bolsas de estudos para futbolistas do primeiro equipo do RC Deportivo e do Dépor Abanca. Hoxe, Marc Armengol e a José Ángel Caperán presentaron aos cadros o programa de formacións dispoñibles. Esta acción enmárcase dentro do convenio asinado entre o Club e o Grupo Northius, do que forma parte Unisport.

Tal e como explica Susana Sánchez, directora adxunta do Grupo Northius, o convenio “enmárcase dentro do compromiso coa formación como garantía da empleabilidade de calidade, e reforza o compromiso do grupo coa igualdade e co deporte, e especialmente cunha entidade deportiva de máxima relevancia na cidade sede da compañía”.

A finalidade destas bolsas é facilitar a futbolistas a oportunidade de desenvolver a súa carreira profesional no ámbito do deporte e a xestión deportiva. Estas bolsas supoñen unha oportunidade para que os xogadores e as xogadoras do equipo poidan optar a unha formación académica de calidade e enfocada no sector deportivo, o que lles permitirá ampliar os seus horizontes e contar con novas posibilidades para o seu futuro profesional.

Segundo os datos publicados pola revista Sports Illustrated estímase que o 80% das estrelas do deporte acaban arruinadas. Ademais, unha porcentaxe moi elevada dos atletas retirados experimentan algún tipo de problema de saúde mental, financeiro ou de identidade despois da súa carreira deportiva. “A carreira dun deportista profesional pode ser curta e esixente, e cando chega o momento da retirada, moitos se atopan cun futuro incerto”, revela Marc Armengol, director de Unisport.

A precariedade dos deportistas retirados segue sendo unha problemática que afecta a moitos atletas en todo o mundo. A miúdo, estes deportistas atópanse cun futuro incerto ao acabar a súa carreira profesional, o que pode xerar problemas financeiros e emocionais. “A falta de preparación e apoio para a transición fose do mundo deportivo é un problema que afecta a moitos deportistas novos e activos, e que merece ser abordado para asegurar un futuro máis estable e sustentable para eles”, engade Armengol.

Co fin de garantir un futuro a longo prazo para os deportistas unha vez que se retiren, é fundamental que se preparen para a vida despois do deporte. Formacións como o máster en xestión deportiva e o máster en xornalismo e comunicación deportiva de Unisport Management School, a primeira escola de negocios do sector deportivo, os xogadores poden desenvolver habilidades, experiencia e coñecementos útiles para transitar cara a novos campos profesionais e facilitar a súa inserción no mercado laboral.

Coa firma do pacto, Unisport pasa a ser o Centro de Formación Oficial do Real Club Deportivo. O acordo entre Unisport Management School e o Real Club Deportivo supón unha axuda para formar aos deportistas máis aló do ámbito deportivo e espérase que esta iniciativa contribúa a que os xogadores e as xogadoras do Dépor poidan contar cun futuro laboral exitoso e en consonancia cos seus intereses e habilidades.

Sobre Unisport

Unisport é a primeira escola de negocios do sector deportivo. Desde hai máis de 25 anos forman aos líderes desta industria combinando xestión empresarial, deporte e moita paixón. O seu lema “Inspiring Futures” é unha delaración de intencións: todo en Unisport fano para inspirar e axudar a crear o futuro no mundo do deporte.

En Unisport son líderes en formación pola súa metodoloxía única. Contan cun método de aprendizaxe de enfoque internacional e adaptable ás necesidades de cada estudante, 100% flexible e nunha contorna dixital innovador. Prepararanse da man dun equipo docente formado por referentes do ámbito deportivo e empresarial. Profesionais cun alto nivel de especialización que estarán encantados de facer de guías durante toda a aprendizaxe.

Unisport forma parte de Northius, a plataforma multinacional de educación dixital líder en España, con máis de 600 empregados, 13 escolas especializadas e implantación en Europa e Latinoamérica.