RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Valencia 2 - Deportivo 2 <br>Empate en Mestalla

Deportivo e Valencia empataron a dous goles en Mestalla nun partido no que ambos os conxuntos finalizaron cun xogador menos. Tristán adiantou o Deportivo no primeiro tempo e na continuación, Vila de penalti e Miguel deron a volta ao marcador. A oito minut

Emocionante o partido disputado en Mestalla no que ambos os equipos buscaron claramente o gol e a vitoria. Adiantouse o Deportivo cando levaba preto de media hora de xogo cun gol de Tristán que bateu a Moura tras un pase de Valerón. Este tanto sería o único que subiría ao marcador no primeiro tempo, e antes do descanso os de Quique Sánchez Flores sufriron a expulsión de Rubén Baralla.

Na continuación, o árbitro sinalaba un penalti por man de Andrade e Vila anotaba o tanto do empate. A partir dese momento o claro dominio branquiazul de xogo deixou paso a uns minutos de control local que viron a súa recompensa nun golazo de Miguel, que daba a volta ao marcador.

A menos de 10 minutos para o final durmiuse a defensa nun pase de Capdevila e Sergio rematou a pracer diante de Moura tras un fallo de Marchena. Repartición de puntos en Mestalla que finalizou cuns minutos frenéticos de xogo no que preto estivo o terceiro gol de ambos os equipos.