Na semana que levan á venda as entradas para o partido correspondente á décimo sexta xornada de liga entre o Deportivo e o Celta de Vigo xa se despacharon case 2.000 localidades para o encontro.
A maior parte das entradas que se venderon son de Xeneral, no Fondo Maratón Inferior, e Junior en Fondo Pavillón Inferior. A unha semana do partido, que se disputará en Riazor o sábado día 18, ás 21:00 horas, e que será televisado polas canles autonómicas, xa quedan poucas entradas para o público, dado que a maior parte das bancadas de Xeneral e o Fondo de Pavillón Inferior están cubertas polas localidades de socios e polos xogadores de categorías inferiores do fútbol modesto.
Ademais, continúa a venda nos locais da Mariña de entradas para o partido de copa do Rei do martes ante o Málaga. Será ás 21:00 en Riazor.