A Xunta Directiva do R.C.D. co seu Presidente Antonio Álvarez á cabeza, traballa ba con tesón para a construción da cidade deportiva do Club. Estamos a referirnos á que hoxe se coñece como Cidade Deportiva de La Torre, e que no seu momento recibiu un fort
VÍA LIBRE Á CIDADE DEPORTIVA O D.N.D. deu a súa total aprobación ás obras
Onte no local social do Real Club Deportivo tivo lugar unha rolda de prensa na cal o Presidente Antonio Álvarez deu conta aos medios informativos da situación actual da Cidade Deportiva, que se está construíndo en terreos de La Torre. O señor Álvarez facilitou a gran noticia para os coruñeses, especialmente para a familia deportivista.
-Hoxe é un día grande para o Deportivo. Despois de ano e medio e de moitas voltas e viaxes, na primeira visita realizada a Benito Castejón, actual Delegado Nacional de Deportes, quedou practicamente solucionado o da Cidade Deportiva.
-Así de sinxelo?
-Temos confirmación do D.N.D. de que a nosa cidade Deportiva está practicamente aprobada xa.
-Tardará moito en recibirse a noticia oficial?
-Creo que será cousa dun mes como máximo.
-Como se resolveu con tanta rapidez?
-Porque Castejón coñecía perfectamente o proxecto.
-Cando viu os planos?
-Particularmente estivera percorrendo a zona da Cidade Deportiva. É un home que se preocupa de todo o que sexa deporte e como bo amigo da coruña e do Deportivo, quixo coñecer no seu día en que consistía a Cidade Deportiva. A pé percorreu todo o terreo que ocuparán as instalacións.
-Como están as obras na actualidade?
-Estamos a traballar sen descanso apenas. Eu mesmo aínda traio os zapatos con barro por estar alí esta mañá.