RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Vilalba, seguinte parada da Dépor Xira Integralmotion 2022

O campo da Magdalena de Vilalba, o sábado 30 de xullo ás 18:30 h., será a seguinte parada da Dépor Xira Integral Motion 2022 que arrincou esta tarde no campo Ponte dos Brozos ante o Atlético Arteixo co Trofeo Santiago Apóstolo en xogo.

O Racing Villalbés, tamén conxunto de Terceira RFEF, será o segundo rival dos branquiazuis nunha cita tradicional en cada verán deportivista.

Como o resto de partidos de pretemporada, dentro da Dépor Xira Integral Motion, o encontro retransmitirase en directo a través da canle oficial de Youtube do Club: www.youtube.com/rcdeportivo grazas ao patrocinio de Integralmotion.es.

Os partidos confirmados na pretemporada branquiazul, cos resultados dos xa xogados, son os seguintes:

Atlético Arteixo 0 - RC Deportivo 3 (Martín Ochoa, Yeremay e Jaime)

Racing Villalbés-RC Deportivo, sábado 30 de xullo, 18:30 h., A Magdalena (Vilalba)

RC Deportivo-SD Ponferradina, mércores 3 de agosto, 18:30 h., A Magdalena (Vilalba)

RC Deportivo-Real Madrid Castilla, sábado 6 de agosto, 19:00 h., Cantarrana (Viveiro)

RC Deportivo-Unionistas, sábado 20 de agosto, 18:30 h., Municipal Pepe Barrera (Ribadeo)

Todos os partidos poderanse ver en directo a través de: www.youtube.com/rcdeportivo grazas ao patrocinio de Integralmotion.es.