Vitoria folgada do Deportivo Infantil na liga Galega esta noite en Elviña
O Deportivo infantil logrou esta noite unha vitoria folgada sobre os
Montañeiros en Meicende (7-2), en partido da liga Galega. Fran (2), Mon (2),
Yann, Alberto Carro e Juan Carlos foron os goleadores deportivistas.
Tras esta vitoria, o cadro que dirixe Manolo Corredoira é líder e
ten agora mesmo oito puntos de vantaxe sobre o segundo clasificado, aínda que
este ten un partido menos.
Tamén xogou esta noite en Elviña o Deportivo A de alevíns, que se impuxo
con algún que outro problema (5-3) ao Imperátor. Onte martes, en Meicende,
a quenda foi para o Dépor B infantil da liga Local, que segue a súa marcha
intratable á fronte da clasificación tras golear á Deportivo Cidade (3-7).