O Alevín A (na foto principal da noticia) e o Benxamín A (na foto inferior) finalizaron este martes 28 de abril no Dépor Training Center a liga na Primera Futgal A Coruña.
Os primeiros superaron á SD Acea de Ama (9-0) mentres que os benxamíns ao Sada CF (12-0).
Ambos os conxuntos son xa campións das súas respectivas categorías.
O Alevín A sumou 85 puntos, con 30 partidos gañados, 1 empatado e 1 perdido. Os branquiazuis anotaron 202 goles e recibiron unicamente 7.
Pola súa banda, o Benxamín A acabou con 30 vitorias en 30 partidos; e con 287 goles a favor por 14 en contra.
A xornada continuará este xoves 30 de abril con outros 2 partidos.
O Alevín recibe ás 19:15 no Dépor Training Center no Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11 ao SRD Portuarios.
E en Cambre o Fabril FC Alevín enfróntase ás 18:30 ao Sporting no último partido da Primera Futgal A Coruña para os fabrilistas.
Xa o venres 1 de maio, día festivo, o Fabril FC Benxamín participará na 2ª edición do Torneo Cidade do Lérez no campo de fútbol Manolo Barreiro en Pontevedra.
En canto ao fin de semana, o domingo 3 de maio despídense da competición o Fabril e o Xuvenil A: os fabrilistas en Ávila (12:00) e os pupilos de Miguel Figueira en Nigrán (16:30).
Completa a xornada dominical o Xuvenil B - Victoria CF de Liga Nacional, ás 12:00 no Dépor Training Center.
Antes, o sábado 2 de maio unicamente compite o Fabril FC Benxamín, que pecha a liga en Primera Futgal A Coruña ás 16:00 en Vilaboa ante o Olímpico CF.
Esta semana non xogan os cadetes nin os infantís; e ademais os alevíns deportivistas Samuel Cebey, Enzo Fernández, Mateo Songo'o e Yago Prieto están convocados pola selección galega sub-12 para disputar en Benidorm, do 1 ao 3 de maio, o campionato de España autonómico.
Finalmente tamén a fin de semana dous equipos, o Fabril FC Alevín e o Benxamín A, representarán ao RC Deportivo na Madrid North Cup, torneo que se disputa en Tres Cantos e Colmenar Viejo.
O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:
Segunda Federación
34ª xornada (última): REAL ÁVILA CF - FABRIL, o domingo 3 de maio ás 12:00 no Estadio Municipal Adolfo Suárez
Clasificación: 1. Fabril (xa campión), 69 puntos; 2. Oviedo Vetusta, 55 puntos... 6. Real Ávila CF, 50 puntos...
Categoría xuvenil
30ª xornada (última): ED VAL MIÑOR NIGRÁN - XUVENIL A, o domingo 3 de maio ás 16:30 en Condomínguez
Clasificación da División de Honra: 1. RC Celta, 75 puntos; 2. Xuvenil A, 68 puntos; 3. Sporting de Gijón, 59 puntos... 11. ED Val Miñor Nigrán, 34 puntos...
32º xornada: XUVENIL B - VICTORIA CF, o domingo 3 de maio ás 12:00 no Dépor Training Center
Clasificación da liga Nacional: 1. RC Celta B, 86 puntos; 2. Xuvenil B, 75 puntos; 3. Ural Español CF, 62 puntos; 4. Victoria CF, 58 puntos...
Categoría cadete
Clasificación da División de Honra: 1. Cadete, 77 puntos; 2. RC Celta, 73 puntos; 3. San Tirso SD Cadete, 49 puntos; 4. Arosa SC, 44 puntos...
Categoría infantil
Clasificación da División de Honra: 1. Infantil (xa campión), 79 puntos; 2. ED Val Miñor Nigrán, 66 puntos... 7. AJ Lérez, 41 puntos; 8. San Tirso SD Infantil, 40 puntos; 9. Atlético Coruña Montañeros CF, 39 puntos...
Categoría alevín
11ª xornada: ALEVÍN - SRD PORTUARIOS, o xoves 30 de abril ás 19:15 no Dépor Training Center
Clasificación do grupo norte do Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11: 1. Alevín, 30 puntos; 2. CD Lugo, 27 puntos... 11. SRD Portuarios, 7 puntos...
30ª xornada (última): ALEVÍN A 9 (Leo Lorenzo -4-, Diego Castelo -3-, Adrián Liñares e Alberto Novo) - SD ACEA DE AMA 0
30ª xornada (última): SPORTING CAMBRE - FABRIL FC ALEVÍN, o xoves 30 de abril ás 18:30 no campo Dani Mallo (Cambre)
Clasificación da Primera Futgal A Coruña: 1. Alevín A (xa campión, un partido máis), 85 puntos; 2. Victoria CF, 76 puntos; 3. Fabril FC Alevín, 75 puntos; 4. Atlético Coruña Montañeros CF, 70 puntos... 11. Sporting Cambre, 30 puntos...
Madrid North Cup, en Colmenar Viejo (Madrid)
Primera Fase
Venres 1 de maio
12:40: FABRIL FC ALEVÍN - ATLÉTICO DE MADRID (campo Alberto Ruiz 2)
19:00: CDF TRES CANTOS - FABRIL FC ALEVÍN (campo Alberto Ruiz 3)
Sábado 2 de maio
10:40: IFF PRO - FABRIL FC ALEVÍN (campo Alberto Ruiz 2)
En función de clasificación, os equipos pasarán á Fase Oro, Fase Plata e Fase Bronce
Categoría benxamín
30ª xornada (última): BENXAMÍN A 12 (Tomás Sánchez -5-, Mateo Ramos -2-, Hugo Cancela -2-, Pablo Campanero, Hugo Rey e Anxo Español) - SADA CF 0
30ª xornada (última): OLÍMPICO CF - FABRIL FC BENXAMÍN, o sábado 2 de maio ás 16:00 no complexo deportivo de Vilaboa
Clasificación da Primera Futgal A Coruña: 1. Benxamín A (xa campión, un partido máis), 90 puntos; 2. CD Calasanz, 74 puntos... 4. Ural Español CF, 67 puntos; 5. Fabril FC Benxamín e Atlético Coruña Montañeros CF, 60 puntos; 7. Victoria CF, 52 puntos; 8. Olímpico CF, 38 puntos...
Madrid North Cup, en Tres Cantos (Madrid)
Primera Fase
Venres 1 de maio
19:20: BENXAMÍN A - UD SAN SEBASTIÁN DE LOS REYES, en Foresta (campo 2)
Sábado 2 de maio
9:20: BENXAMÍN A - CD LEGANÉS, en Foresta (campo 1)
11:20: CD GALAPAGAR - BENXAMÍN A, en Foresta (campo 3)
En función de clasificación, os equipos pasarán á Fase Oro, Fase Plata e Fase Bronce
2ª edición do Torneo Cidade do Lérez, no campo Manolo Barreiro (Pontevedra)
Xoves 1 de maio
Primera Fase
10:30: FABRIL FC BENXAMÍN - ED VAL MIÑOR
12:30: FABRIL FC BENXAMÍN - ACD A SECA
15:30: FABRIL FC BENXAMÍN - AJ LÉREZ
En función da clasificación, os equipos pasarán á fase final
