RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

Resultados da fin de semana en ANOSACANTEIRA; este domingo con derrota do Fabril, e con triunfos do Xuvenil A e Alevín

Intensa xornada en ANOSACANTEIRA, esta vez con todos os partidos en fin de semana.

Para este domingo 26 de abril quedou o partido do Fabril no campo Arsenio Iglesias ante o Real Valladolid.

Os fabrilistas viviron unha semana de festexos coa entrega do trofeo de campión de liga en ABANCA-RIAZOR o pasado luns 20 e coa recepción no concello da Coruña o martes 22.

Este domingo 26 de abril despedíronse esta temporada do Dépor Training Center coa satisfacción do deber cumprido aínda que con derrota intranscendente ante o Valladolid Promesas: 0-1.

"Están a competir por salvarse e notouse a diferenza competitiva", declarou Manuel Pablo na rolda de prensa pospartido.

Ademais, o Xuvenil A (na foto principal da noticia) superou no Dépor Training Center ao Atlético Coruña Montañeros CF (4-1) e o Alevín ao CMI Club de Campo (0-6) no Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11.

Este sábado 25 destacou o Dépor - RC Celta da División de Honra cadete.

Os branquiazuis chegaban ao choque con 1 punto de vantaxe sobre os célticos na loita polo título, con 3 partidos por diante.

Gañou 1-0 o cadro deportivista, con tanto de Yerobe no minuto 53.

Con este resultado, o Cadete supera en 4 puntos ao RC Celta con 6 en xogo.

Tamén certificou a medalla de ouro o Alevín A en Primera Futgal A Coruña a falta de 1 partido para o final ao derrotar por 0-6 ao Olímpico CF en Vilaboa. 

En canto ao resto de categorías competiron en casa o San Tirso SD Cadete ante a SD Compostela (3-1), o Infantil ante o Victoria CF (11-0), o Fabril FC Alevín fronte ao CD Calasanz (3-2) e o Fabril FC Benxamín ante o ED Luis Calvo Sanz (3-4).

Por contra, o Xuvenil B venceu ao CD Choco (1-2) e o Benxamín A ao Oza Juvenil SD (0-5); mentres que o San Tirso SD Infantil caeu pola mínima ante o RC Celta (3-2).

Os resultados da fin de semana foron os seguintes:

Segunda Federación
33ª xornada: FABRIL 0 - REAL VALLADOLID PROMESAS 1

Categoría xuvenil
División de Honra, 29ª xornada: XUVENIL A 4 (Miguel de Labra -3- e Daniel) - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF 1

Liga Nacional, 31ª xornada: CD CHOCO 1 - XUVENIL B 2 (Borja e Nico Martínez)

Categoría cadete
División de Honra, 28ª xornada: CADETE 1 (Yerobe) - RC CELTA 0
División de Honra, 28ª xornada: SAN TIRSO SD CADETE 3 (Hugo Fernández, Asier e Hugo Caridad) - SD COMPOSTELA 1

Categoría infantil
División de Honra, 28ª xornada: INFANTIL 11 (Santi Durán -6-, Yoel Darriba, Álvaro Gómez, Gael Seijo -2- e Jorge Méndez) - VICTORIA CF 0
División de Honra, 28ª xornada: RC CELTA 3 - SAN TIRSO SD INFANTIL 2 (Yago Fernández -2-)

Categoría alevín
Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11, 10ª xornada: CMI CLUB DE CAMPO 0 - ALEVÍN 6 (Alberto Novo -3-, Enzo Fernández, Mateo Songo'o e Adrián Míguez)

Primera Futgal A Coruña, 29ª xornada: OLÍMPICO CF 0 - ALEVÍN A 6 (Hugo Cancela -2-, Tomás Sánchez -2-, Saúl Cancela e Leo Lorenzo)
Primera Futgal A Coruña, 29ª xornada: FABRIL FC ALEVÍN 3 (Nico Castro -2- e Leo Galbán) - CD CALASANZ 2

Categoría benxamín
Primeira Futgal A Coruña, 29ª xornada: OZA JUVENIL SD 0 - BENXAMÍN A 5 (Pablo Campanero -2-, Mateo Ramos, Manu López e Xosé Varela)
Primera Futgal A Coruña, 29ª xornada: FABRIL FC BENXAMÍN 3 (Álex Martínez, Juan Crujeiras e Diego Freire) - ED LUÍS CALVO SANZ 4