RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Volve a gran festa do fútbol galego Prebenxamín e Benxamín, volve o Torneo RC Deportivo!

Cada 17 de maio, desde que se inaugurou a Cidade Deportiva de Abegondo, a Nosa Casa é a sede da maior festa anual do fútbol galego en categoría Prebenxamín e Benxamín: o Torneo RC Deportivo.

Un Torneo RC Deportivo que en 2020 ía alcanzar a súa XVII edición pero que o 30 de marzo tivo que ser aprazado pola pandemia. Recuperada totalmente a normalidade, tres anos despois, o RC Deportivo ten o pracer de anunciar publicamente que o seu gran evento anual en Abegondo regresa o próximo 17 de maio de 2023.

Están convidados a participar nel, de forma gratuíta, todos os clubs federados que o desexen. Cada club convidado poderá inscribir a tantos equipos como estime oportuno en cada categoría e, xa que os encontros que se van a disputar serán de fútbol-8, os clubs poderán inscribir a un total de 15 xogadoras e/ou xogadores por equipo.

O prazo de inscricións está aberto até o 30 de abril no sistema de inscrición en liña dispoñible a través da aplicación: https://rcd.lc/inscripciontorneo. Non obstante, as inscricións poderíanse pechar antes no caso de que se alcance a cota máxima de equipos en cada unha das categorías.

Ademais de na páxina: https://www.rcdeportivo.es/torneo-rc-deportivo onde se irán actualizando as novidades do evento, o RC Deportivo queda á enteira disposición dos clubs interesados para a aclaración de calquera dúbida que poida xurdir, tanto na dirección de correo torneo@rcdeportivo.es coma nos teléfonos 638 891 716 ou 981 259 500.

Na última edición disputada déronse cita 78 clubs, 205 equipos (88 en categoría Prebenxamín e 117 en categoría Benxamín) e 3.075 futbolistas que gozaron dunha xornada inesquecible grazas ao RC Deportivo, a súa Fundación, algo que este ano se repetirá coa colaboración doutras entidades públicas e privadas como Owqlo, Kappa, Cabreiroá, Fundación San Rafael, Cruz Vermella, Garda Civil e Concello de Abegondo, que durante todos estes anos apoiaron e apostaron decididamente polo Torneo RC Deportivo, esperando volver gozar no Día das Letras Galegas da xornada máis especial da temporada para a gran familia Deportivista.