RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

XII Juan Acuña <br>Deportivo 1- Udinese 0

Diego Tristán adiantaba ao Deportivo no marcador no minuto 25 do primeiro período tras un gran centro de Amavisca que o dianteiro branquiazul rematou de cabeza sen que Turci puidese facer nada. Este tanto ía servir, ao cabo, para dar a vitoria aos locais

Pobre entrada en Riazor, pero os escasos afeccionados presentes puideron gozar dalgún escintileo de calidade de Duscher, Amavisca e o propio Tristán, que puxo en apertos á meta italiano nun par de ocasións máis despois do gol.

O Udinese formou de inicio neste torneo con Turci, Martinez, Sotil, Caballero, Manfredini, Helguera, Marcos Paolo, Gargo, Pavon, Dei Michele e Diaz. Irureta, pola súa banda, formou con Molina, Héctor, Romeu, Naybet, Hélder, Duscher, Valerón, Scaloni, Amavisca, Diego Tristán e Pandiani.

O Udinese non puxo en apertos ao Deportivo e Molina tivo que empregarse tan só nalgún córner e xogada a balón parado.

Tras o descanso, Fernando entrou en substitución de Amavisca e Sergio debutou como branquiazul entrando en lugar de Pandiani. Máis tarde entraría José Manuel por Scaloni e Manel por Romeu.

O colexiado castelán leonés Turienzo Álvarez amoestou a Manfredini no primeiro tempo e anularía un tanto a Fernando por un dubidoso fóra de xogo.

Así o partido chegou ao minuto 45 e o cuarto árbitro decretaba dous minutos de desconto. No 47, cando todo parecía finalizado chegaba a gran ocasión para o Udinese. Tras un par de rexeites de puños de Molina, un dianteiro italiano remataba de socato, pero Helder quitaba baixo a liña de gol. Terminaba o partido e o trofeo quedaba en Coruña.