RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Xisco: Se me convocan dedicareillo á miña familia

Xisco pasouse esta mañá pola sala de prensa de 'O Mundo do Fútbol'. O dianteiro do Deportivo B, aínda en idade xuvenil, adestrouse xa co primeiro equipo e agarda impaciente unha posible convocatoria de Javier Irureta para viaxar o venres a San Sebastián c

-Comentouche algo o míster?

-Non, non. De momento nada.

-Vaia papeleta deixádeslle ao Fabril, sen dianteiros.

-Si. Foi un pouco de mala sorte que Jonathan estea sancionado e que eu poida ir co primeiro equipo. Pero seguro que hai compañeiros que tamén o poden facer ben.

-Algunha dedicatoria especial se se confirma a túa viaxe co Dépor.


-Para os meus pais e en especial para o meu irmán, que foi o que máis me apoiou..

-De feito xa lles dedicaches o cinco goles do pasado fin de semana co Deportivo B.


-Si. Precisamente a tatuaxe son eles.

-Dis que o teu preferido é Makaay.


-Eu creo que non me podo comparar a ningún futbolista dese nivel. Dicíanme os adestradores que tiven que polas miñas cualidades ao que máis me parezo é a Makaay.

-Os teus pais teñen xa o billete para San Sebastián?


-Aínda non. Van esperar que que se confirme a convocatoria.

-Supoño que che bombardearon a chamadas desde a túa terra.


-Si. Alí todo o mundo está moi ilusionado con que me poida chegar esta oportunidade.

-Tal e como xoga o Deportivo, crees que che custaría adaptarche?


-Unha das miñas cualidades é a velocidade. Eu creo que me iría ben tal e como xoga o Deportivo, sobre todo fóra de casa.