RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

Xornada de competición mañá mércores 1 de novembro para 6 equipos de ANOSACANTEIRA

Seis equipos de #ANOSACANTEIRA teñen xornada ligueira mañá mércores 1 de novembro, día festivo.

De todos os partidos sobresae o encontro en Abegondo entre o Xuvenil B, líder da liga Nacional, ante o Bergantiños CF, a partir das 11:00.

Tamén xogan o Orzán SD Cadete Femenino na Torre (18:00) e o Orzán SD Infantil B Femenino en Santiago ante o Victoria FC (12:00), ambos na Liga Galega.

O Orzán SD Infantil A Femenino descansa ao tocarlle nesta xornada o Sofán SD, equipo retirado da competición.

Así mesmo, os dous equipos alevíns e o Benxamín A disputan a 2ª xornada na Primera A Coruña de fútbol 8, partido que disputou e gañou (0-2) no seu grupo onte luns o Fabril FC Benxamín, concretamente no Monte ante o San Tirso SD.

Finalmente, os cadetes branquiazuis Janusz, Pablo García, Nico Ruiz, Miguel de Labra, Leandro e Rodrigo; ademais de Samba e Gael do San Tirso SD participarán mañá ás 12:00 nun adestramento da selección galega sub-16 no Novo Municipal da Estrada.

E os infantís deportivistas Sergio Cortizo, Raúl, Esteban Ruiz e Nikolay; aos que hai que sumar a Antón Vilariño e Hugo Ferreiro do San Tirso SD, estarán coa selección galega sub-14 ás 10:30 no Novo Municipal da Estrada.

O calendario de partidos de mañá mércores é o seguinte:

Categoría feminina
7ª xornada: ORZÁN SD CADETE FEMININO - SCD PASTORIZA, ás 18:00 en La Torre (campo 1)
Clasificación da liga Galega, subgrupo 1º: 1. Orzán SD Cadete Feminino, 18 puntos; 2. Victoria CF, Silva SD, Escola FB Amistade, SCD Pastoriza, SD O Val e EF Lalín, 12 puntos...

7ª xornada: VICTORIA FC - ORZÁN SD INFANTIL B FEMININO, ás 12:00 no Municipal do Sergas (Santiago de Compostela)
Clasificación da liga Galega, subgrupo 1º: ... 4. Victoria FC, 13 puntos... 12. AD Cristo Rei e Club Rosalía Mera, 3 puntos; 14. Orzán SD Infantil B Feminino e Torre SD, 0 puntos

Categoría xuvenil
9ª xornada: XUVENIL B - BERGANTIÑOS CF, ás 11:00 en Abegondo
Clasificación da liga Nacional: 1. Xuvenil B, 24 puntos; 2. RC Celta B, 19 puntos... 13. Bergantiños CF, 7 puntos...

Categoría alevín
Primeira A Coruña, subgrupo 1º, 2ª xornada: ALEVÍN A - SILVA SD, ás 12:30 en San Pedro de Visma (campo 2)

Primeira A Coruña, subgrupo 1º, 2ª xornada: CD CALASANZ - FABRIL FC ALEVÍN, ás 13:30 en San Pedro de Visma (campo 2)

Categoría benjamín
Primeira A Coruña, subgrupo 1º, 2ª xornada: OZA JUVENIL SD - BENXAMÍN A, ás 12:30 en La Torre (campo 1.1)

Primeira A Coruña, subgrupo 2º, 2ª xornada (xogado onte luns): SAN TIRSO SD 0 - FABRIL FC BENXAMÍN 2 (Joel Losada e Martín Coronel)