RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
GL
RCDEPORTIVO

A Asociación Española Contra el Cáncer e o RC Deportivo unen as súas forzas 

A Asociación Española Contra el Cáncer (AECC) e o RC Deportivo uníronse para traballar en pos dun futuro mellor para os enfermos, con accións como a do pasado domingo nos prolegómenos do partido entre os branquiazuis e o Gimnàstic de Tarragona en ABANCA-RIAZOR.

Unha decena de nenos luciron á beira do once inicial deportivista unha camiseta rosa coa lema "O rosa é máis que unha cor", con motivo do Día Mundial contra o cancro de mama, que se celebra cada 19 de outubro.

A AECC e o RC Deportivo continuarán coa súa colaboración no partido da 8ª xornada de Primera Federación Iberdrola entre Dépor ABANCA e Deportivo Alavés Gloriosas que terá lugar o vindeiro domingo 12 de novembro ás 17:00 horas en ABANCA-RIAZOR. A recadación das entradas de público, a un prezo único de 5€, doarase integramente á AECC.

As entradas poderán adquirirse até o propio día do partido, tanto a través de bancada.rcdeportivo.es como na OAD, así como nas horas previas ao choque nos despachos de billetes do Palacio dos Deportes.

Ademais, neste partido a AECC colocará petos en todas as bancadas para que socios e socias branquiazuis tamén poidan achegar o seu gran de area á causa.