O RC Deportivo Business Club e o RSG Business Club reúnense nun encontro con motivo do partido do Dépor en El Molinón
O RC Deportivo Business Club e o RSG Bussiness Club by Empathy.co celebraron unha xornada conxunta con motivo do partido de LaLiga Hypermotion entre o Sporting de Gijón e o RC Deportivo disputado no Molinón este pasado sábado 10 de maio.
Así, na Escola de Fútbol Mareo daba comezo o evento de unión entre os clubs de empresa do Sporting de Gijón e o RC Deportivo.
David Guerra, presidente do Sporting de Gijón, deu a benvida aos membros dos clubs de empresas nas súas instalacións. Estes gozaron dun breve percorrido polas mesmas e unha dinámica de presentacións.
Posteriormente desprazáronse ao Restaurante Kraken, no Bioparc Acuario de Gijón, lugar onde se gozou dun cóctel para fomentar a interacción entre ambas as expedicións empresariais.
O evento tivo a súa continuación en El Molinón. El Picofino Lounge, a zona de hospitality do palco vip do RSG Business Club by Empathy.co, foi o punto de encontro dos empresarios. Desde esta zona gozaron do partido de LaLiga Hypermotion entre o Sporting e o Dépor.
Reuníronse case 40 empresas de ambos os clubs e máis de 50 empresarios. Paulo Dinís, Director de Negocio do RC Deportivo, e Fábio Ruaro, Director de Negocio do Sporting de Gijón, recalcaron a importancia de realizar este tipo de encontros e as sinerxías que se poden crear entre comunidades tan afíns.