RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
RCDEPORTIVO

RC Deportivo e Kappa celebran 25 anos do histórico campionato de liga cunha edición limitada

En conmemoración do 25 aniversario do campionato de liga conquistado polo Real Club Deportivo de La Coruña no ano 2000, o Club e Kappa presentan en exclusiva dúas camisetas de edición limitada que renden homenaxe a aquela xesta inesquecible. Estas pezas únicas reflicten a grandeza dunha das fazañas máis épicas do fútbol español e convértense nun must imprescindible para os verdadeiros afeccionados e coleccionistas.

O 19 de maio do ano 2000, o RC Deportivo escribiu a páxina máis gloriosa da súa historia e unha das máis importantes do fútbol español. Aquel día, hai xa 25 anos, o Club derrotou ao Espanyol na última xornada de liga por 2-0 (goles de Makaay e Donato) e proclamouse campión por primeira vez na súa historia. Só 9 equipos en España lograron tal fazaña. Foi moito máis que un título: foi o soño de toda unha cidade e dunha afección feito realidade, o premio ao traballo dunha xeración irrepetible de futbolistas, liderados desde o banco por Javier Irureta.

Aquel 19 de maio, o estadio de ABANCA-RIAZOR viviu unha xornada inesquecible, tinguida de branquiazul, na que a vitoria fronte ao RCD Espanyol selou un campionato gañado con xustiza e brillantez. Con nomes como Djalminha, Mauro Silva, Fran, Makaay ou Donato, aquel equipo deixou unha pegada indeleble na historia do fútbol mundial.

Unha edición limitada que transcende o deporte

As camisetas deseñadas por Kappa, representan máis que unha peza; son un símbolo de orgullo, paixón e legado. Cada peza foi coidadosamente confeccionada para reflectir a grandeza daquela fazaña, converténdose nun obxecto de colección exclusivo para quen desexan levar no seu estilo de vida un pedazo de historia.

A colección inclúe dúas camisetas, unha versión de manga longa na que non aparece ningún patrocinador, e unha versión de manga curta na que si se poden apreciar sponsors. Ambas as camisetas están fabricadas en base dourada, pescozo tipo polo cor azul mariño, e a de manga longa conta con puños. Todas as camisetas están numeradas, o que as fai aínda máis exclusivas, existindo só 2.000 unidades de manga curta e 500 de manga longa. 

Esta edición limitada está deseñada para os verdadeiros amantes do fútbol e da cultura deportiva, sendo pezas únicas que combinan o espírito dun equipo campión coa innovación e estilo que só Kappa pode ofrecer. 

"Leva contigo a historia, vive o presente"

Dispoñible en cantidades limitadas e sen desconto. Os abonados, que só poderán adquirir 2 unidades por persoa, teñen a exclusividade para a compra online en wwww.deportienda.es desde este venres ás 20:00 ata este domingo 18 ás 23:59.

Única e exclusivamente na Deportienda de ABANCA-RIAZOR e para abonados o horario será este sábado 17 de maio de 9:00 a 20:30; e o domingo 18 de maio de 10:00 a 12:00.