RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
RCDEPORTIVO

A Asociación Española Contra el Cáncer recollerá donativos en ABANCA-RIAZOR o domingo durante o partido do Dépor ABANCA

A Asociación Española Contra el Cáncer (AECC) e o RC Deportivo, que uniron as súas forzas recentemente, volverán colaborar no partido do próximo domingo en ABANCA-RIAZOR entre o Dépor ABANCA e o Deportivo Alavés Gloriosas (17:00 horas), correspondente á 8ª xornada de Primera Federación Iberdrola.

Á parte de que a recadación das entradas de público, a un prezo único de 5€, doarase integramente á AECC, a asociación colocará mesas por todo o Estadio para que tanto os socios e socias deportivistas, que teñen que obter a súa entrada obrigatoria e gratuíta a ABANCA-RIAZOR en bancada.rcdeportivo.es, como o público en xeral poidan realizar donativos.

Os primeiros en achegar o seu gran de area para a causa terán premio, pois levarán de agasallo unha camiseta rosa da AECC. Esa mesma camiseta vestirana as xogadoras do Deportivo ABANCA cando salten ao céspede de ABANCA-RIAZOR antes de comezar o encontro fronte ao conxunto vitoriano.

As entradas poden adquirirse tanto a través de bancada.rcdeportivo.es como na OAD, hoxe venres até as 19:00 horas. Tamén poderán comprarse mañá sábado nos despachos de billetes do Palacio dos Deportes, entre as 16:00 e as 20:00 horas, e o domingo a partir das 15:00 horas.