San Tirso SD
![Image](https://statics-maker.llt-services.com/rcd/images/2023/01/24/xlarge/00443aef027f5c3b1579e0ddae010f7d.jpg)
Os equipos B do Dépor en categorías cadete e infantil forman parte do San Tirso SD, froito dun convenio de colaboración entre RC Deportivo, San Tirso SD e Concello de Abegondo que comezou en 2017 e prolongarase ata a temporada 2036-2037, con posibilidade de ampliación de dúas máis. Ambos os equipos adestran e disputan os seus encontros como locais no Campo do Monte, en San Tirso de Mabegondo, aínda que a xestión estrutural, deportiva e competitiva dos mesmos está totalmente coordinada co RC Deportivo.