RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

Antón Vilariño tamén participa na segunda vitoria de España sub-15 ante Irlanda

-Foto:@rfef.es

 

Antón Vilariño estivo concentrado coa selección española sub-15 para disputar dous partidos amigables ante Irlanda na localidade alacantina de Alfaz del Pi.

A segunda cita entre ambas as seleccións foi este xoves 30 de outubro no complexo Albir Garden.

O canteirán deportivista arrincou esta vez o choque desde o banco e saltou ao céspede no minuto 72 relevando a Hugo Fernández.

Venceron os españois por 4-0, o mesmo marcador que no primeiro dos amigables.

Neste caso o futbolista do San Tirso SD Cadete foi titular e foi substituído no minuto 70 por Hugo Fernández.

Antón Vilariño, que chegou ao Fabril FC Benxamín procedente do Imperátor OAR, marcha co seu equipo na 3ª praza da División de Honra após o Dépor e o RC Celta.

Os resultados de España Sub-15 foron os seguintes:

Martes 28 de outubro
ESPAÑA 4 - IRLANDA 0

Xoves 30 de outubro
ESPAÑA 4 - IRLANDA 0

Finalizado este encontro, o canteirán emprenderá viaxe de regreso á Coruña para incorporarse á selección galega sub-16 para disputar en Poio (Pontevedra) a primeira fase do Campionato de España.

Antón Vilariño leva até a data os 7 partidos disputados como titular co San Tirso SD Cadete na División de Honra.