RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
SAN TIRSO SD

Miguel Loureiro e Zakaria Eddahchouri visitaron a Escola de Fútbol Base do San Tirso SD

Os futbolistas branquiazuis Miguel Loureiro e Zakaria Eddahchouri pasáronse polo Concello de Abegondo para visitar aos nenos e nenas da Escola de Fútbol Base do San Tirso SD.

A quenda en primeiro lugar foi para os alevíns, benxamíns, prebenxamíns e biberóns; e a continuación os protagonistas foron cadetes e infantís.

Os xogadores charlaron cos nenos e nenas, asinaron autógrafos e entregaron os carnés de socio para esta temporada 2025-26.