RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

Segundo partido de Antón Vilariño con España sub-15, este xoves ás 10:30 ante Irlanda

-Foto:@rfef.es

 

Antón Vilariño está concentrado coa selección española sub-15 para disputar dous partidos amigables ante Irlanda na localidade alacantina de Alfaz del Pi.

A segunda cita entre ambas as seleccións será este xoves 30 de outubro no complexo Albir Garden a partir das 10:30 nun choque que poderá seguirse polas canles oficiais da Real Federación Española de Fútbol.

No primeiro deles, o canteirán foi titular nun partido que acabou con goleada española (4-0). No minuto 70 foi relevado por Hugo Fernández.

Este central zurdo, que chegou ao Fabril FC Benxamín procedente do Imperátor OAR, milita actualmente no San Tirso SD Cadete na División de Honra que marcha na 3ª praza após o Dépor e o RC Celta.

O calendario de partidos de España sub-15, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Martes 28 de outubro
ESPAÑA 4 - IRLANDA 0

Xoves 30 de outubro
10:30: ESPAÑA - IRLANDA, no complexo Albir Garden

Finalizado este encontro, o canteirán emprenderá viaxe de regreso á Coruña para incorporarse á selección galega sub-16 para disputar en Poio (Pontevedra) a primeira fase do Campionato de España.

Antón Vilariño leva até a data os 7 partidos disputados como titular co San Tirso SD Cadete na División de Honra.