RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
INFANTIL A

Amigables dos infantís nunha semana de parón ligueiro polos compromisos da selección galega sub-14

Os dous equipos infantís do RC Deportivo teñen partido amigable nesta semana de parón ligueiro na División de Honra polos compromisos da selección galega sub-14 na Primera Fase do Campionato de España en Poio (Pontevedra).

Precisamente este martes 28 adéstranse co combinado galego no campo de A Seca de Poio os deportivistas Julen Díaz, Enzo Pose, Hugo Macedo e Santiago Matías; ademais de Martín Brandon e Xiao Fontao do San Tirso SD Infantil.

Así, o Infantil, líder da División de Honra con 21 puntos mídese este mércores 29 de outubro ás 18:30 no campo das Eiroas ao Bergantiños CF B cadete; e o San Tirso SD Infantil, 4º clasificado con 14 puntos, este venres 31 de outubro ás 20:30 en Ponte dos Brozos ao Atlético Arteixo. 

O calendario de amigables desta semana é o seguinte:

BERGANTIÑOS CF B (cadete) - INFANTIL, este mércores 29 de outubro ás 18:30 nas Eiroas (Carballo)

ATLÉTICO ARTEIXO - SAN TIRSO SD INFANTIL, o venres 31 de outubro ás 20:30 en Ponte dos Brozos (Arteixo)