RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
GL

Responsabilidade Social Corporativa

Image

Para o RC Deportivo, a responsabilidade social é o compromiso consciente, continuo e voluntario que ten como organización para xestionar o impacto que producen as súas accións e a súa actividade no ámbito do bo goberno, económico, social e ambiental. En definitiva, contribuír desde a transparencia, con comportamentos que xeren valor sobre os distintos grupos de interese.

A Responsabilidade Social e/ou o chamado 'Fair Play' Social, converteuse en parte do ADN do Club e na nosa filosofía, ademais dun elemento estratéxico no noso modelo de negocio, considerándoa en todos os nosos procesos de decisión.

O compromiso do Club coa sustentabilidade conduciu á creación, ao término da Temporada 2015-2016, do departamento de Responsabilidade Social Corporativa (responsabilidadsocial@rcdeportivo.es), así como da publicación da I Memoria de Sustentabilidade baseada nos principios e indicadores do Global Reporting Iniciative (GRI 4) co fin de dar a coñecer a todos os grupos de interese quen somos, que facemos e en que cremos.

 

Ámbitos da Responsabilidade Social e/ou 'Fair Play' Social no RC Deportivo

 

1. Bo goberno e transparencia

• Código Ético

• Memoria de Sustentabilidade

• Cumprimento Normativo

• Transparencia

 

2. Desempeño Económico

• Contas Anuais

• Contas consolidadas

• Orzamento Anual

 

3. Desempeño Social

• #ANOSAFORZA

• Compromiso coa comunidade: actos e iniciativas sociais, apoio e colaboración con institucións benéficas, doazóns, bancada solidaria...

• Compromiso coas xeracións futuras: Área de Fútbol Formativo, DéporCampus, Os Nosos Valores, Torneo RC Deportivo...

• Compromiso coa igualdade: Fútbol Feminino

• Compromiso cos profesionais

• Seguridade e Saúde

• Patrimonio Histórico do Club

 

4. Desempeño Ambiental

• Minimizar impactos ambientais e preservación de medioambiente