RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
FUNDACIÓN

A Fundación RC Deportivo pon en marcha a Bancada Solidaria de cara á temporada 2023-24

A Fundación RC Deportivo, de cara ao encontro do próximo domingo (19:30 horas) fronte ao CD Teruel, reactiva a Bancada Solidaria de ABANCA-RIAZOR, unha iniciativa na que cada partido destina unha ampla cota de entradas a ONGs, institucións ou entidades benéficas que traballan pola integración social, educación, infancia, saúde e solidariedade na nosa comunidade.

Para solicitar entradas para a Bancada Solidaria, o protocolo está dispoñible no departamento de RSC do Club en: fundacion@rcdeportivo.es ou no 981 259 500 (Extensión 1: Oficina de Atención ao Deportivista). A data límite para poder solicitalas serán as 23:59 h. do xoves previo ao encontro.

Atendendo á política de transparencia e RSC do RC Deportivo e da súa Fundación, sempre se publican as entidades que fan uso da bancada solidaria. APEM, Cáritas, Instituto Argentino-Gallego Santiago Apóstol, Club Polideportivo Esclavas, Fundación JuanSoñador e ASPACE Coruña son as asociacións convidadas, polo momento, ao partido da 3ª xornada do grupo 1 de Primera Federación ante o conxunto aragonés.