RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
FUNDACIÓN

Aberta a inscrición para a Bancada Solidaria do Dépor-Cornellà

A Fundación RC Deportivo, de cara ao encontro do próximo sábado (20:00 horas) fronte ao UE Cornellà, activa a Bancada Solidaria de ABANCA-RIAZOR, unha iniciativa na que cada partido destina unha ampla cota de entradas a ONGs, institucións ou entidades benéficas que traballan pola integración social, educación, infancia, saúde e solidariedade na nosa comunidade.

Para solicitar entradas para a Bancada Solidaria, as institucións interesadas poden facelo a través da seguinte ligazón até as 23:59 h. do xoves 21 de setembro.

Atendendo á política de transparencia e RSC do RC Deportivo e da súa Fundación, sempre se publican as entidades que fan uso da bancada solidaria.