LaLiga Genuine
![Image](https://statics-maker.llt-services.com/rcd/images/2023/03/20/xlarge/2a13e4c1-e4b4-4c58-bc71-7cd6194c2a1f.jpg)
O RC Deportivo é un dos máis de 40 equipos que forma parte de LaLiga Genuine, un proxecto que une fútbol e integración social, lanzado por LaLiga durante a Temporada 2017-2018. Trátase dunha competición formada por conxuntos do colectivo DI (persoas con Discapacidade Intelectual) na que ademais da suma de puntos polos resultados deportivos, co fin de que prime a deportividade, todos os clubs contan cada xornada cunha serie de puntos que premien o xogo limpo. O equipo Deportivista, formado coa colaboración de Asociación Down Coruña, Aspronaga, Fundación Adcor, Aspaber, Aspanaes, Aspadisol e Fundación Abrente está composto por 34 futbolistas e dirixido por Lucía Otero, Carlos García, Breogán Baptista, Andrés Echevarría e Javier Núñez.