RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
FUNDACIÓN

Emocionante visita de xogadores do Dépor Genuine ás residencias de maiores DomusVi Matogrande e Padre Rubinos

Unha nutrida representación de xogadores do Dépor Genuine realizaron este mes de decembro unha visita moi especial ás residencias de maiores Padre Rubinos e DomusVi Matogrande, no marco das actividades sociais que o club impulsa a través da RC Deportivo Fundación.

Durante a xornada, Os Nosos compartiron momentos de proximidade e convivencia cos residentes, intercambiando conversacións, sorrisos e xestos de agarimo que fixeron da visita unha experiencia emotiva para todos os participantes. 

A presenza do Dépor Genuine foi recibida con gran ilusión, reforzando o valor do deporte como ferramenta de inclusión, respecto e conexión entre xeracións.

 

Estas visitas que continuarán nos próximos meses forman parte do compromiso do RC Deportivo coa responsabilidade social e con iniciativas que promoven valores como a empatía, a solidariedade e a integración, alicerces fundamentais da RC Deportivo Fundación.

O club agradece ás residencias Padre Rubinos e DomusVi Matogrande a acollida e a colaboración, así como a todas as persoas que fixeron posible unha xornada chea de emoción e humanidade.