RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
DÉPOR GENUINE

Primeira xornada do Dépor Genuine en Tarragona nun ambiente festivo

Nun ambiente festivo, de inclusión e de compañeirismo, o Dépor Genuine iniciou este sábado 22 de novembro en Tarragona a 8ª edición de LaLiga Genuine Moeve, que se celebra nas instalacións do Mediterranean Sports Hub.

Os primeiros rivais do Dépor Genuine son o Granada CF, FC Cartagena e Atlético de Madrid.

Este sábado Os Nosos derrotaron ao Granada CF por 4-0 e empataron (2-2) co FC Cartagena.

Este domingo 23 de novembro os branquiazuis pecharán esta primeira sede ás 10:00 fronte ao Atlético de Madrid.

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Sábado 22 de novembro
DÉPOR GENUINE 4 - SELECTA CF 0
DÉPOR GENUINE 2 - FC CARTAXENA 2

Domingo 23 de novembro
10:00: ATLÉTICO DE MADRID - DÉPOR GENUINE

Emocionante xornada de venres en PortAventura World

Antes de arrincar a competición, Os Nosos participaron na presentación este venres no Nou Estadi Costa Daurada de Tarragona xunto aos outros 49 equipos.

Ademais, puideron gozar de momentos inesquecibles en PortAventura World a través dunha actividade conxunta que culminou en La Cantina de México xunto ao resto de equipos.