O Dépor Genuine arrincou esta fin de semana a súa participación en A Nosa Champions, unha competición impulsada pola Federación Galega de Fútbol, sen ánimo competitivo, que fomenta a participación de equipos formados por persoas con discapacidade inteletual.
O obxectivo é promocionar o fútbol entre as persoas con diferentes capacidades co fin de concienciar de que o deporte rei non pon barreiras a ninguén.
Os convocados por Os Nosos foron os seguintes: Chema, Dani Trasancos, Saúl, Iván, Carmen, Álvaro López, Nuria, Mario, Gabriel López, Camilo, Miguel, Pablo García, Pablo Abella e Pablo Gudín. Lucía Otero e Iago Carro foron os adestradores.
Os rivais dos branquiazuis foron o Vilagarcía SD, Racing de Ferrol e Racing Villalbés.
Os resultados do Dépor Genuine nesta primeira sede en Ourense, co Pabellón Ourense CF como club anfitrión, foron os seguintes:
VILAGARCÍA SD 1 - DÉPOR GENUINE 2 (Álvaro López e Miguel)
DÉPOR GENUINE 1 (Miguel) - RACING DE FERROL 2
DÉPOR GENUINE 3 (Pablo Abella e Miguel -2-) - RACING VILLALBÉS 1
A seguinte sede será Vilagarcía, o 9 de maio.
